domingo, 28 de febrero de 2016

Penúltimas tendencias


Resultado de imagen de penúltimas tendencias

Autor



Naceu en Lalín en outubro do ano 1970 e é poeta ademáis de profesor de lingua e literatura galega. Ademáis de participar no ano 2003 no proxecto colectivo "Negra sombra" unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como boletín literarios promovidos pola "Fundación A Solaina" de Piloño (Villa de Cruces)
Gañou premios como por exemplo o Premio AELG á mellor obra de literatura infantil-xuvenil do 2014 con este libro "Penúltimas tendencias".

Obra
  • Xénero: Poesía

  • Resumo: Este libro trata dunha rapaza quere escapar da ideoloxía e a sociedade actual onde as mulleres teñen que ser "perfectas" dalgunha maneira. Nunha sociedade na que hai un determinado canon de beleza, non podes excederte dunha talla determinada ou levar un tipo concreto de roupa, etc. Esta rapaza mostra a súa indignación a través de poemas como  por exemplo "Barbie girl" no que fala como todo en relación cas mulleres é de cor rosa, e ela intenta fuxir desa cor ou outro como "Fóra de onda" no que fala de como ela intenta ir máis alá "de corazóns rosados e sorrisos con brillo" buscando ter unha propia personalidade.  

  • Temas: O tema principal e a búsqueda da propia identidade e salirse fóra do común ou da maioría.

  • Estructura: Divídese nunha especie de capítulos ou partes nos que se encontran poesías relacionadas co título dese título ou parte, aínda que principalmente todos seguen o mesmo hilo conductor.

  • Personaxes: Como xa dixen antes, o personaxe é unha rapaza adolescente que pretende escapar desa ideoloxía ou tendencia de como deben ser as mulleres, buscando a súa propia identidade.

  • Lugar donde transcorre a acción: Non transcorre en ningún lugar en concreto.

  • Tempo: Transcorre na actualidade.

  • Técnicas narrativas: Este libro utiliza moitas metáforas e algún paralelismo.

  • Vocabulario: Vocabulario coloquial que non dificulta a lectura.

Opinión persoal


 Este libro gustoume bastane, xa que se sale moito da temática convencional dos poemas como sole ser por exemplo ou o amor. Penso que moitas rapazas se sentirán identificadas cos  poemas deste libro, no meu caso identifiqueime con algúns, mentres que con outros non.
Pareceume unha idea moi orixinal, e ademáis é un libro que non aburre en absooluto e sobre todo curto, pero á vez móstrache moitas cousas, o que fai que tamén sexa moi interesante.
Recoméndollo a todo o mundo, a rapaces e rapazas, xa que tamén teñen que ver que non a todas as mulleres lles gusta levar vestidos, nin maquillaje, nin tacóns e moitas veces síntense "obrigadas" a levalos para poder encaixar dalgún xeito.

  • Nota numérica: 9.
Por último déixovos como sempre, unha portada da miña creación, espero que vos guste!





domingo, 21 de febrero de 2016

Made in Galiza


Autor




Escritor galego nacido en Padrón no ano 1972. É profesor e escritor. 
Nos últimos anos estivo ligado  de forma moi importante ás plataformas "Nunca Máis" e "Burla Negra". 
Da súa produciión poética destaca o libro "Odisea". En 2004 gañou o Premio Blan Amor de novel co seu libro "Orixe".
 En 2007 publicou, tamén en Galaxia, o libro de relatos "Made in Galiza."


Obra

  • Xénero: Narrativa

  • Resumo: Este libro está composto por diversas historias que non teñen ningún tipo de hilo conductor entre elas mais que a situación social e sociolingüística do galego nos nosos días. Algunhas destas historias son por exemplo "Eu fixen ouigha con Castelao" no que un rapaz relata recordando perfectamente como comezara falar galego aquel día que fixeron ouigha con Castelao na súa clase, ou "As nubes" na que o autor fai unha metáfora sobre como as persoas deixánse influenciar polas outras e alguén que fala galego remata falando castelán polas influencias, o qué dirán ou as opinións dos demáis. Como estas historias hai moitas outras, todas mostrándonos lugares únicos como as persoas que habitan neles, diferentes puntos de vista e opinións que vos farán reflexionar neste tema con profundidade, pero iso xa volo deixo a vós.

  • Temas: O tema principal do que trata este libro é o desuso do galego e de como nalgúns casos é desprestixiado todavía nos nosos días.

  • Estructura: Esta estructura é un pouco distinta á doutros libros, xa que en vez de estar divido en capítulos ou partes, está composto de varias historias que non teñen ningunha outra relación máis que a do uso, desuso ou desprecio do galego.

  • Personaxes: Hai diversidade de personaxes, en cada unha das 42 historias que contén este libro, como por exemplo unha rapaza, ou o "nh".

  • Lugar onde transcorre a acción: A maioría das historias transcorren en Galicia aínda que hay algunha que transcurre en Madrid e outras nas que o autor déixanos abertas ás portas á imaxinación para saber onde teñen lugar.

  • Tempo: A época corresponde á actualidade dos nosos días e a duración dependerá de cada historia, xa que algunhas duran máis que outras.

  • Técnicas narrativas: As historias están escritas en 1ª  ou 3ª persoa e hai moitos diálogos, descripcións e sobretodo abundan as metáforas.

  •  Vocabulario: O vocabulario é sinxelo, o que fai unha lectura levadeira e cómoda.

Opinión persoal

"Made in Galiza" é un libro moi interesante que che fai reflexionar moito sobre o uso do galego, xa que aínda que moitos, como no meu caso, poderíamos pensar que se utiliza con normalidade e sen ningún tipo de problema, moitas persoas avergóñanse de falalo e incluso deixán de facelo por medo ás críticas ou as opinións dos demáis.
Gustoume bastante xa que conta moitas historias interesantes e entretidas, nas que nos motra a situación do galego a nivel sociolingüístico e social dende distintos puntos de vista, (como xa dixen antes), aínda que se tivera que poñer unha pega sería que algunhas historias non as comprendín ben, pero únicamente unha minoría.
Recoméndollo ao todo o mundo, "contraditorio, inocente, emocianten creativo, rebelde: un libro Made in Galiza".


  • Puntuación numérica: 8.
Resultado de imagen de made in galiza



Por último aquí vos deixo outra idea para a portada deste libro tan galego, espero que vos guste.