viernes, 27 de mayo de 2016

Cartas de inverno



Resultado de imagen de cartas de inverno

Autor

Agustín Fernández Paz (Villalba, 29 de mayo de 1947) é un escritor español de literatura galega. Está licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como profesor EGB (a actual Educación Primaria) no Gofar de Santa Margarida (A Coruña) e en diferentes centors, e máis recientemente como profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2 de Vigo ata a súa prexubilación en 2008, ano no que gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.


Obra

  • Xénero: Narrativo

  • Resumo: A historia comeza cando Tereixa, a irmá de Xabier recibe un sobre no que pon que Tereixa non debe abrir nin ler o seu contido pero esta faino  sen poder aguantar máis a intriga e ve que contén numerosas cartas, fotografías e explicacións que realiza Xabier sobre a seguinte historia: Xabier estivera varios días fora debido á súa prolongada estancia en Quebec, e cando chegou á súa casa o primeiro que fixo foi ler todas as cartas que o seu amigo Adrián lle enviara. Nelas Adrián relataba como estaban a acontecer extraños sucesos paranormais na casa encantada que mercara pero o que máis che llamou a atención a Xabier foi que na última carta Adrían lle dixera que se non lle volvía enviar ningunha noticia máis, acudira na súa axuda, e así o fixo. Tras estas cartas Xabier cónta que saiu na busca de Adrián. Unha vez remata de ler todo o contido do sobre Tereixa diríxese xunto ao inspector Soutullo e contarlle o sucedido. Cando chegan á casa esta atópase ardendo e non queda rastro de Adrián nin Xabier. Días despois Tereixa atopa o libro do que Xabier e máis Adrián fala nas cartas e queimao, pensando que así amobo-los dous poderán descansar en paz.

  • Temas: Os temas principais son a amizade e os fenómenos paranormais.

  • Estructura: Está dividido en 12 capítulos.

  • Personaxes:
    • Adrián Novoa: É un famoso pintor da época amigo e Xabier, e quen compra a casa encantada de Vilarmaior. 
    • Xabier Louzao: É amigo de Adrián e é un famoso escritor da época.
    • Tereixa Louzao: É a irmá de Xabier.

  • Tempo: A historia transcorre durante os últimos meses do ano 1995 e os primeiros do ano 1996.

  • Técnicas narrativas: O libro está narrado en 3ª persoa exceptuando as cartas, as cales están escritas en 1ª persoa.

  • Vocabulario: O vocabulario é coloquial e non presenta ningunha dificultade na hora da súa lectura.

Opinión persoal 

O libro encantoume! Realmente está moi ben escrito e prodúcechce sensacións de verdadeiro medo e incertidume, o cal non me pasara ata agora con ningún libro desta temática.
Entretenche e faise moi ameno, aínda que si puidera cambiar algo sería que o escritor lle dera tanta importancia ou explicase detalladamente datos que non teñen moita relevancia ou que polo menos eu non lla atopo, pero a pesar diso isto axúdache nalgúns casos a imaxinar mellor a situación, o lugar ou as sensacións dos protagonistas e personaxes. 
Moi recomendado!

  • Puntuación numérica: 9







No hay comentarios:

Publicar un comentario