sábado, 21 de noviembre de 2015

O corazón de Xúpiter


   
   E o primeiro libro que terá o privilexio de estrear este novo blog será...



   Sí! Como podedes observar na imaxe, é "O corazón de Xúpiter"
   Aquí vos deixo un pequeno resumo sobre o libro, espero que sexa do voso agrado!

Autora




   Este libro foi escrito por Ledicia Costas, nada o 19 de setembro de 1979 en Vigo (Galicia).
   Ledicia comezou a escribir novelas dende moi nova, concretamente, na súa adolescencia.
   Traballou facendo diversos documentais no mundo audiovisual e escribindo guións para películas, o cal debe coordinar co seu traballo profesional de abogada, a súa participación en diversos recitais e a súa creación literaria.
   Actualmente tamén traballa como coordinadora na revista dixital "Criaturas" dedicada a Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
   Ademáis foi gañadora do Premio de Poesía do Concello de Marín no 2005, o primeiro Premio de relato da Universidades de Vigo e o Premio Merlín de Literatura no ano 2014, entre moitos outros.


Obra

  • Xénero: Narrativa

  • Resumo: O corazón de Xúpiter é un libro no que a protagonista é unha rapaza de 17 anos de idade chamada Isla á que lle encanta a astronomía e todo o relacionado con ela, que ten que mudar de cidade por decisión de seus pais. Na súa nova cidade pronto fai unha moi boa amiga chamada Mar que axudará a Isla en todos os seus problemas, pero tamén terá dificultades con Carballo e os seus amigos, quenes queren facerlle a esta a vida imposible, dentro e fóra do instituto. Ademáis ten moi boa relación con Anxo, un rapaz do seu instituto que está namorado dela. Deste mismo xeito, Isla coñece ao que cre que será o amor da súa vida, mediante unha rede social de Internet na que se fala sobre o espazo. Este persoaxe faise chamar Xúpiter e Isla non coñece a súa identidade ata o final da historia, cando a noite de San Xoán cítanse para poder coñecerse en persoa pero Xúpiter, o seu amor incondicional, ¿será como Isla cre? ¿Que sucederá? Deixo que o descubrades vós mesmos.

  • Temas: Os temas principais desta obra son o amor, o perigo de internet, a amizade e o acoso escolar, aínda que tamén poderíamos incluír as drogas e a morte.

  • Estrutura: 
- Interna: Divídese en capítulos. Concretamente en 20 sen incluír o epílogo.
- Externa: Introdución, nó e desenlace.

  • Personaxes:

    • Isla: Rapaza de 17 anos á que lle gusta moito a astronomía. É a protagonista da nosa historia,
    • Mar: A mellor amiga de Isla. Ten a súa mesma idade e axúdaa moito cos seus problemas. 
    • Carballo e os seus amigos: Rapaces que molestan a Isla no instituto e chegan incluso a facerlle bullying. 
    • Xúpiter: O amor incondicional de Isla que coñece mediante Internet e que non é quen aparenta ser. 
    • Anxo: Rapaz que está namarodo de Isla e que vai ao mesmo instituto e no mesmo curso que ela.
    • Pai e nai de Isla: Axudan a Isla no que está na súa man. 

  • Tempo: Transcurre na actualidade a longo de todo un curso lectivo.

  • Técnicas narrativas: Está escrito en 3ª persoa e abundan bastantes descripcións e algúns diálogos. Ademáis utilízase a prolepse nalgúns casos puntuais, como por exemplo no inicio do libro.

  • Vocabulario: O vocabulario é coloquial e non presenta ningunha dificultade á hora de lelo.

  • Puntuación numérica: 9
Opinión persoal


   Este libro gustoume moito xa que fala sobre diversos temas moi presentes na actualidades como o indevido uso do internet, o bullying, etc, que seguramente faga reflexionar a todos os lectores. 

   Ademáis está escrito de xeito que fai levadeira a lectura. Deixáche en suspense ao longo de todo o libro mantendo a oculta a identidade de Xúpiter ata o remate do libro, e do mesmo xeito van ocorrendo cousas e desvelando segredos dos persoaxes que fanche estar totalmente pendiente do libro.

   Tamén me gustou moito que ao inicio de cada capítulo se citase unha frase ou un párrafo doutros libros pero que teñen relación co capítulo que vamos comezar a ler. 

   O final é moi impactante e triste xa que aínda que podes chegar a predecilo a medida que vas lendo o libro, todavía tes a esperanza de que non remate así, e aínda que sexa algo triste ao mesmo tempo o epílogo fai o final moito máis bonito.

   Se puidese cambiar algo sería o papel dos pais xa que na miña opinión gustaríame máis saber sobre eles e que axudaran máis a Isla cos seus problemas. A pesar diso o libro encantoume e recoméndovolo a todos. Garantízovos que vos atrapará por completo e vos mergullaredes nunha galaxia totalmente distinta!




   Aquí vos deixo a miña creación para a portada deste libro :





4 comentarios:

  1. lool me encanto acabo de imprimir este resumen y lo voy a colgar XD en mi abitacion jajajajajajajajajajajajaja saludos desde mi casa concretamente mi ordenador @var.wolf

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. q jenio es 100tifico 100% no fake un link /mega ledicia costas poronhub.cooooooooooooooooom jjajajajajaj marcianito bailonco pa ti

      Eliminar
  2. Nice dick pero lo necesito para el examen de mañana

    ResponderEliminar