sábado, 28 de noviembre de 2015

Reo





Autora




   Xesús Fraga naceu en Londres, pero desde moi pequeno viviu en Coruña e despois en Betanzos, estudou xornalismo en Salamanca e actualmente traballa en "La Voz de Galicia". 
   Entre as súas obras máis coñecidas, destacan algunhas como A-Z ou Solimán.
   Unha das súas afeccións é o mundo relacionado coa cociña, sobre a que publicou 50 receitas con amores e outros froitos silvestres.
   Tamén foi tradutor e trouxo ao galego libros como Lolita, de Vladimir Nabokov, ou Arthur & George, de Julian Bares.


Obra



  • Xénero: Narrativa

  • Resumo: O libro narra a vida de Reo, un rapaz de 17 anos que se dedica ao graffiti e que ten unha relación un pouco distante cos seus pais. Reo tamén ten uns poucos amigos: Chagui, Sen e Rai, xunto cos que forma un grupo a A-100 Crew, o cal tamén é o seu lugar de encontro que fora tempo atrás unha discoteca. Durante a historia, Reo loita por poder seguir sendo o rei do barrio, xa que outro graffiteiro de identidade descoñecida que se fai chamar Oni, intenta arrevatarlle o seu posto. Ademáis de isto Reo é visto pola policía coas mans na masa mentres fai unha das súas pintadas e debe ir a comisaría. A policía soamente decide advertirlle e dille que espera que non volva suceder. Ademáis deberá facer favores sociais e nesta tarefa axudaráao o seu profesor de plástica Ignacio, e o amigo deste, chamado Nico. Pero, Reo namórase de Cora, unha rapaza da súa idade coa que decide fuxir a Madrid para que esta non teña que voltar a Brasil coa súa familia. Todo ía de perlas ata que a policía os atopa e lévaos a Galicia de novo. Por se non fóra pouco despois duns días Chagui morre nunha festa que se celebrou para os xemelgos Sen e Rai, e con este final tan triste, remata esta orixinal historia.

  • Temas: O graffiti, as amizades, as distinas clases sociais, o amor e a familia son alglúns temas que podemos atopar neste libro.

  • Estructura:
          -Interna: Divídese en capítulos, concretamente en 13.

          -Externa: Introducción, nó e desenlace.

  • Personaxes:

    • Reo: É o noso protagonista, ten 17 anos e está a punto de cumprir os 18. Encántalle ao graffiti e pasa moito tempo facendo tags, potas, etc. Este non é o seu nome verdadeiro se non o que usa nos seus grafittis a modo de sudónimo.
    • Pais de Reo: A nai traballa nun hospital e Reo ten unha relación normal con ela. Pola contra o seu pai traballa  como delineante e ten unha relación moi distante co seu fillo.
    • Avó de Reo: Intervén unha única vez ao longo de todo o libro pero é unha persoa moi importante para Reo, e coa cal comparte a mesma afección pola pintura.
    • Cora: Unha rapaza de orixe brasileño da súa mesma idade que se namora de Reo.
    • Chagui: Amigo vagabundo de Reo que vive na A-100 xunto cun can.
    • Rai e Sen: Dous xelmegos rapeiros amigos de Reo que teñen un grupo chamado "Sobredose".
    • Oni: Graffiteiro de identidade descoñecida que intenta sacarlle o posto do rei do barrio a Reo.
    • Thun: O seu nome real é Marcos. É un ex-grafiteiro que lle ensinou a Reo todo o que sabe relacionado cos graffitis.
    • Ignnacio: Profesor de plástica de Reo
    • Nico: Amigo de Ignacio que axuda a Reo cos seus lavores sociais.

  • Tempo: Transcurre na actualidade ao longo duns meses.

  • Técnicas narrativas: Está contado en 1ª persoa por Reo, o protagonista do libro. Ten moitas descripcións e varios diálogos.

  • Vocabulario: Vocabulario coloquial que utilizan os xóvenes da actualidade. Tamén contén moitas palabras especifíficamente referidas ao graffiti, co cal aprendín bastantes palabras novas.

  • Puntuación numérica: 8



Opinión persoal

   Este libro gustoume bastante xa que fai referencia a diferentes puntos de vista sobre como poden verse as cousas, de maneira que por exemplo, para Reo o graffiti non só e facer pintadas como para á policía ou para seus pais se non que é unha maneira de poder diferenciarse do resto, de expresarse e de poder identificairse de outra maneira. Outro exemplo e o que significa A-100 Crew para diferentes persoas: Para Chagui era o seu fogar, para Sen, Rai e Reo era un lugar onde poder verse e para o resto de persoas era unha simple discoteca vella e abandonaza á que ninguén lle prestaba atención.

   Daríalle un 9 pero para o meu gusto faltan moitas incógnitas por resolver neste libro xa que non chega a saberse quen é Oni e por qué quere arrebatarlle realmente o posto ao Reo. Tampouco chega a aclarar se o pai de Reo recupera o seu traballo, se finalmente Cora volta para Brasil ou que pasa despois da morte de Chagui, e por esa razón a miña puntuación numérica é un 8.

   Polo demáis encantoume! Recoméndovolo a todos!





Por se vos interesa tamén vos deixo o booktrailer desta libro:




Ademáis déixovos coa miña creación de portada para esta historia tan graffiteira. Espero que vos guste! :





No hay comentarios:

Publicar un comentario