domingo, 28 de febrero de 2016

Penúltimas tendencias


Resultado de imagen de penúltimas tendencias

Autor



Naceu en Lalín en outubro do ano 1970 e é poeta ademáis de profesor de lingua e literatura galega. Ademáis de participar no ano 2003 no proxecto colectivo "Negra sombra" unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como boletín literarios promovidos pola "Fundación A Solaina" de Piloño (Villa de Cruces)
Gañou premios como por exemplo o Premio AELG á mellor obra de literatura infantil-xuvenil do 2014 con este libro "Penúltimas tendencias".

Obra
  • Xénero: Poesía

  • Resumo: Este libro trata dunha rapaza quere escapar da ideoloxía e a sociedade actual onde as mulleres teñen que ser "perfectas" dalgunha maneira. Nunha sociedade na que hai un determinado canon de beleza, non podes excederte dunha talla determinada ou levar un tipo concreto de roupa, etc. Esta rapaza mostra a súa indignación a través de poemas como  por exemplo "Barbie girl" no que fala como todo en relación cas mulleres é de cor rosa, e ela intenta fuxir desa cor ou outro como "Fóra de onda" no que fala de como ela intenta ir máis alá "de corazóns rosados e sorrisos con brillo" buscando ter unha propia personalidade.  

  • Temas: O tema principal e a búsqueda da propia identidade e salirse fóra do común ou da maioría.

  • Estructura: Divídese nunha especie de capítulos ou partes nos que se encontran poesías relacionadas co título dese título ou parte, aínda que principalmente todos seguen o mesmo hilo conductor.

  • Personaxes: Como xa dixen antes, o personaxe é unha rapaza adolescente que pretende escapar desa ideoloxía ou tendencia de como deben ser as mulleres, buscando a súa propia identidade.

  • Lugar donde transcorre a acción: Non transcorre en ningún lugar en concreto.

  • Tempo: Transcorre na actualidade.

  • Técnicas narrativas: Este libro utiliza moitas metáforas e algún paralelismo.

  • Vocabulario: Vocabulario coloquial que non dificulta a lectura.

Opinión persoal


 Este libro gustoume bastane, xa que se sale moito da temática convencional dos poemas como sole ser por exemplo ou o amor. Penso que moitas rapazas se sentirán identificadas cos  poemas deste libro, no meu caso identifiqueime con algúns, mentres que con outros non.
Pareceume unha idea moi orixinal, e ademáis é un libro que non aburre en absooluto e sobre todo curto, pero á vez móstrache moitas cousas, o que fai que tamén sexa moi interesante.
Recoméndollo a todo o mundo, a rapaces e rapazas, xa que tamén teñen que ver que non a todas as mulleres lles gusta levar vestidos, nin maquillaje, nin tacóns e moitas veces síntense "obrigadas" a levalos para poder encaixar dalgún xeito.

  • Nota numérica: 9.
Por último déixovos como sempre, unha portada da miña creación, espero que vos guste!





1 comentario:

  1. 5 best merit casino
    Best casino for 메리트 카지노 고객센터 playing real money casino games for real money. 카지노사이트 Here you will find หาเงินออนไลน์ the most popular slots, roulette and live dealer games

    ResponderEliminar