sábado, 21 de mayo de 2016

O achado do castro




Autor



Manuel Núñez Singala escribiu este libro. Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba, é onde transcorre a súa infancia e adolescencia. A Terra Cha é a súa primeira patria. Estruda traballa e vive máis tarde en Compostela que é como el mesmo di a súa segunda patria.
 Sempre foi un gran afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita, di que quizais lla eba aos certames literarios do instituto de bacharelato vialalbés. Nese centro estreou as prilmeiras obras de teatro, ata tres montaxes aló contra final dos anos setenta. Despois estudou en Santiago onde ficou. En Galaxia ten publicado "O achado do castro" (1991, Premio Xiria de Creación Teatral 1087), "Comedia bífida" (2007), "Planificación estratéxica" (2009). Narrativa: "Mar de fondo" (1997), "Menú de enganos" (2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2011). Tamén o ensaio e os traballos de investigación sobre cuestións relacionadas coa normalización do idioma ocuparon boa parte do seu tempo, como se reolle no libro "En galego, por que non?" (2009).



Resultado de imagen de manuel núñez singala







Obra



  • Xénero: Teatro



  • Resumo: Esta historia comeza cunha conversa de Catulo e Caleno onde idean como intentar roubarlle o medallón ao Emperador, e facerse así co poder do Imperio. Este plan consiste en que Catulo deberá facerse pasar polo sabio Citrón para, nun descoido, arrebatarlle o medallón ao xefe supremo. Ao mesmo tempo Carmiñae e Manulitus son descubertos polos dous soldados no seu encontro segredo no bosque e levados ata o Emperador, quen decide encarcelalos ata que se desenamoren un do outro, unha idea de Catulo (quen xa se estaba a facerse pasar por Citrón, o sabio). Despois de moitos intentos por roubar o medallón, non o conseguen, e tras ser descubertos polo escravo, deciden aliarse con él, para que este non desvele nada, e probar sorte. Máis tarde, Arpexia, a nai de Manulitus chega a palacio e pide que desencarceen ao seu fillo. Despois de ter unha conversa co Emperador, ambo-los dous quedan namorados entre eles, quenes deciden casar, e quenes deixan finalmente que os seus fillos casen. Ademáis descobren o último intento de Catulo e Caleno por intertar roubarlle o medallón, pero, deciden perdoarlles a vida, xa que vaise celebrar a voda, e consideran que debe ser un día de alegría e ledicia.

  • Temas: Nesta historia destacan dous temas, un principal e outros secundarios. O principal e o namoramento de Manulitus e Carmiñae, e o secundario e a trama realizada polos dous ladróns para poder intentar roubar o medallón do emperador e conseguer facerse co poder. 

  • Estructura: A obra divídese en dous actos, primeiro e segundo, e estes á súa vez en esceas.

  • Personaxes: 

    • Catulo e Caleno: Son uns dos principais protagonistas, os cales son ladróns. Principalmente Catulo e o máis intelixente (por chamalo dalgún xeito, xa que ningún ten unha mente privilixiada). 
    •  Os dous soldados: Un destes é unha muller e os dous son os encargados de buscar a Manulitus e á filla do Emperador.
    •  Carmiñae e Manulitus: Carmiñae é a filla do Emperador, e a Manulitus o fillo da máis rica comerciante de Roma, ambo-los dous están namorados. 
    • Emperador e Arpexia: O Emperador é o pai de Carmiñae e o xefe do Imperio e Arpexia é a nai de Manulitus e comercianta máis importante de todo o Imperio, pusuidora de a metade de Roma, e quen leva distintos asuntos financieiros e negocios.
    • Citrón e Escravo: Citrón é o sabio do Imperio quen aconsella ao Emperador nos seus problemas e decisións e o Escravo é o principal servinte do Emperador.

  • Lugar onde transcorre a acción: Nun reino da antiga Gallaecia.

  • Tempo: Mais ou menos polo ano 77 a.C. A duración total da historia é de aproximadamente dous días ou tres.

  • Técnicas narrativas: O narrador é omnisciente xa que sabe todo sobre os personaxes.

  • Vocabulario: O vocabulario é coloquial e non presenta ningunha dificultade na hora da lectura.


Opinión persoal


Este libro gustoume moito debido a que relata unha historia moi divertida con bastantes toques humorísticos. Ademáis non é moi longa e faise moi amema. Ademáis o autor consegue que te introduzas na historia totalmente e faiche pasar un rato agradable e divertido lendo.
Penso que é unha das obras de teatro e que ademáis é un libro moi entretido.
Gustoume moito, recoméndovolo a todos!
  • Puntuación numérica: 9.






No hay comentarios:

Publicar un comentario