sábado, 21 de mayo de 2016

Enderezo descoñecido




Autora



Escritora estadounidense coñecida sobre todo por la publicación, en 1938, do relato "Enderezo descoñecido", firmado co pseudónimo Kressmann Taylor.
Licenciada en periodismo, ao longo da su vida compaxinou a escritura con outros traballos de periodista e profesora universiaria. A "Enderezo descoñecido" seguiulle unha segunda novela relacionada co nazismo, "Días sen retorno" así como "Diary of Florence in Flood", obra na que relata as súas enperiencias en Florencia durante a terrible inundación que padeceu a zona en 1966.


Obra

  • Xénero: Narrativa.

  • Resumo: Esta obra cóntanos a historia de dous amigos, un judío que vive en San Francisco e outro que decide voltar ao seu país; Alemaña. Ambos teñen unha galería de arte en California, e Max escríbelle a Martin para enviarlle a parte de diñeirio que lle coresponde e para falar sobre como lle van as cousas. Un día Max entérase de algo que está a suceder en Alemaña, e de como Hitler comeza a remexer todo tipo de asuntos. Ao entererarse decídelle preguntar a Martin quen, cambia de opinión sobre moitas cousas e tamén na súa maneira de pensar, dándolle todo o apoio a Hitler e as súas ideas. Max decepciónase e dende entón distánciase e únicamente Max esríbelle a Martin para enviarlle o seu diñeiro, ata que un día a irmá de Max tivo que fuxir para que os alemáns non a atopasen e entón cando Max pídelle axuda a Martin para que lle de un refuxio a Griselle. Martin traiciónaa entregándoa aos alemáns, e esta morre. Max, moi triste e desamparado, decide vingarse, escribíndolle a Martin como se fose o seu irmán e tamén fose xudío. Martin suplícalle que pare pero Max continúa envíandolle as cartas, as cales lían os alemáns, quenes remataron por pensar que este era xudeu. A última carta é unha que escribe Max, dando a entender que finalmente matan a Martin.

  • Temas: O tema principal é o nazismo, pero tamén podemos destacar outros como a amizade, a traición, a mentalidade das persoas, os cambios, etc.

  • Estructura: Divídese nun total de 19 cartas.

  • Personaxes:
    • Max: Xudeu amigo de Martin que vive en San Francisco.
    • Martin: Amigos de Max que vive en Alemaña.
    • Griselle: Irmá de Max, a cal se atopa en Alemaña realizando unha obra teatral.
    • Elsa: Muller de Martin.

  • Tempo: Transcorre na época do inicio da Segunda Guerra mundial. Abarca dende o 12 de novembro de 1932 ata o 3 de marzo de 1934.

  • Técnicas narrativas: Está escrito en 1ª persoa, de xeito que cada un dos dous narradores (Max e Martin) van narrando a historia mediante as cartas.

  • Vocabulario: Está escrito nun vocabulario coloquial e fácil comprensión.

Opinión persoal

Este libro gustoume moito, xa que ademáis de ser ameno, faiche pensar e reflexionar sobre moitas cousas, como por exemplo a Segunda Guerra Mundial, e tamén sobre como poden cambiar as persoas, sobre como as persoas nas que confías calquera día poden darte a espalda sen ter ningún motivo, e a doenza e perder seres queridos.
Despois e lelo, creo sinceramente que se converteu nun dos meus libros preferidos, xa que ademáis de estar moi ben redactado, a historia trápate e sobre todo o final, está aberto a unha libre interpretación xa que en ningún momento especifican se o remate é dun xeito ou doutro.
Se lle tivera que por algunha pega sería que fíxoseme moi curto e quedeime con ganas de máis, aínda que tampouco está mal a súa duración, pasaste un rato entretido léndoo e moi agradable.
Recoméndoo moitísimo!

  • Puntuación numérica: 9'5.



           














1 comentario: