Autora
Escritora estadounidense coñecida sobre todo por la publicación, en 1938, do relato "Enderezo descoñecido", firmado co pseudónimo Kressmann Taylor.
Licenciada en periodismo, ao longo da su vida compaxinou a escritura con outros traballos de periodista e profesora universiaria. A "Enderezo descoñecido" seguiulle unha segunda novela relacionada co nazismo, "Días sen retorno" así como "Diary of Florence in Flood", obra na que relata as súas enperiencias en Florencia durante a terrible inundación que padeceu a zona en 1966.
Obra
- Xénero: Narrativa.
- Resumo: Esta obra cóntanos a historia de dous amigos, un judío que vive en San Francisco e outro que decide voltar ao seu país; Alemaña. Ambos teñen unha galería de arte en California, e Max escríbelle a Martin para enviarlle a parte de diñeirio que lle coresponde e para falar sobre como lle van as cousas. Un día Max entérase de algo que está a suceder en Alemaña, e de como Hitler comeza a remexer todo tipo de asuntos. Ao entererarse decídelle preguntar a Martin quen, cambia de opinión sobre moitas cousas e tamén na súa maneira de pensar, dándolle todo o apoio a Hitler e as súas ideas. Max decepciónase e dende entón distánciase e únicamente Max esríbelle a Martin para enviarlle o seu diñeiro, ata que un día a irmá de Max tivo que fuxir para que os alemáns non a atopasen e entón cando Max pídelle axuda a Martin para que lle de un refuxio a Griselle. Martin traiciónaa entregándoa aos alemáns, e esta morre. Max, moi triste e desamparado, decide vingarse, escribíndolle a Martin como se fose o seu irmán e tamén fose xudío. Martin suplícalle que pare pero Max continúa envíandolle as cartas, as cales lían os alemáns, quenes remataron por pensar que este era xudeu. A última carta é unha que escribe Max, dando a entender que finalmente matan a Martin.
- Temas: O tema principal é o nazismo, pero tamén podemos destacar outros como a amizade, a traición, a mentalidade das persoas, os cambios, etc.
- Estructura: Divídese nun total de 19 cartas.
- Personaxes:
- Max: Xudeu amigo de Martin que vive en San Francisco.
- Martin: Amigos de Max que vive en Alemaña.
- Griselle: Irmá de Max, a cal se atopa en Alemaña realizando unha obra teatral.
- Elsa: Muller de Martin.
- Tempo: Transcorre na época do inicio da Segunda Guerra mundial. Abarca dende o 12 de novembro de 1932 ata o 3 de marzo de 1934.
- Técnicas narrativas: Está escrito en 1ª persoa, de xeito que cada un dos dous narradores (Max e Martin) van narrando a historia mediante as cartas.
- Vocabulario: Está escrito nun vocabulario coloquial e fácil comprensión.
Opinión persoal
Este libro gustoume moito, xa que ademáis de ser ameno, faiche pensar e reflexionar sobre moitas cousas, como por exemplo a Segunda Guerra Mundial, e tamén sobre como poden cambiar as persoas, sobre como as persoas nas que confías calquera día poden darte a espalda sen ter ningún motivo, e a doenza e perder seres queridos.
Despois e lelo, creo sinceramente que se converteu nun dos meus libros preferidos, xa que ademáis de estar moi ben redactado, a historia trápate e sobre todo o final, está aberto a unha libre interpretación xa que en ningún momento especifican se o remate é dun xeito ou doutro.
Se lle tivera que por algunha pega sería que fíxoseme moi curto e quedeime con ganas de máis, aínda que tampouco está mal a súa duración, pasaste un rato entretido léndoo e moi agradable.
Recoméndoo moitísimo!
- Puntuación numérica: 9'5.
eres la mejor jajajaj voy a imprimir esto y colgarlo en mi habitacion
ResponderEliminar